CS_Ed_Infantil


Ciclo Superior en Educación Infantil


Características do ciclo:  

Nivel: formación profesional de grao superior.
Duración: 2 cursos académicos (2.000 horas).
Familia profesional: servizos socioculturais e á comunidade.
Horario: de 8.30 a 14.50 horas.
A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
Estas persoas exercerán a súa actividade no sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.


As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
–Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas.
–Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación derisco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais.
–Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de ceroa seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc



¿Que estudarás?

1º curso: 
–Didáctica da Educación Infantil (240 horas). 
–O xogo infantil e a súa metodoloxía (187 horas).
–Expresión e comunicación (213 horas).
–Desenvolvemento cognitivo e motor (213 horas).
–Formación e orientación laboral (107 horas).
  
2º curso:
–Autonomía persoal e saúde infantil (155 horas).
–Desenvolvemento socioafectivo (123 horas).
–Habilidades sociais (123 horas).
–Intervención con familias e atención a menores en risco social (123 horas).
–Primeiros auxilios (53 horas).
–Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas).
–Proxecto de atención á infancia (26 horas).
–Formación en centros de traballo (384 horas).