CM_Gest_Administrativa


Ciclo Medio en Xestión Administrativa
 

Características do ciclo: 

Nivel: formación profesional de grao medio.
Duración: 2 cursos académicos (2.000 horas).
Familia profesional: administración e xestión.
Horario: de 8.30 a 14.50 horas.

 A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.





Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Auxiliar administrativo/a.
Axudante de oficina.
Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
Administrativo/a comercial.
Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.
Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
Recepcionista.
Empregado/a de atención á clientela.
Empregado/a de tesouraría.
Empregado/a de medios de pagamento.



¿Que estudarás?

1º curso: 
–Inglés (160 horas).
–Operacións administrativas de compravenda (133 horas).
–Tratamento informático da información (267 horas).
–Técnica contable (133 horas).
–Operacións auxiliares de xestión de tesouraría (160 horas).
–Formación e orientación laboral (107 horas).

2º curso:
–Comunicación empresarial e atención á clientela (123 horas).
–Empresa e Administración (123 horas).
–Operacións administrativas de recursos humanos (123 horas).
–Tratamento da documentación contable (105 horas).
–Empresa na aula (156 horas).

–Formación en centros de traballo (410 horas).